Do 18 ao 22 de abril como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, realizarán a actividade “Maxia? Non, Ciencia” nos laboratorios de Física e Química do IESP Xosé Neira Vilas de Perillo.
A actividade está dirixida ao alumnado de ESO, que en sesións de 50 minutos repartidas ao longo da semana pasarán polos laboratorios de física e química.
En cada unha das sesións realizaranse un conxunto de actividades de física, química e matemática recreativa nas que amosarase que a física, a química e as matemáticas son sorprendentes e divertidas.
Unha vez que remate a actividade, poderás atopar nesta mesma páxina material complementario.
A continuación podes ver unha relación das actividades deste ano.
Análise á chama
O alumnado participante fará o análise dun conxunto de sustancias empregando esta técnica de análise que permítenos coñecer a composición de estrelas que distan de nos millóns de anos-luz.
[Máis información]
Obxectos de ancho constante
¿Qué teñen en común unha moeda de 20 peniques do Reino Unido e unha tapa de alcantarilla da cidade de San Francisco? Estudiaranse as sorprendentes propiedades destas dúas figuras e outros obxectos de ancho constante.
[Máis información]
Programa telépata
Un divertido programa de ordenador é capaz de ler a mente dos participantes.
[O programa poderase descargar nesta páxina cando remate a actividade]
Fluído invisíbel
Un misterioso fluído invisíbel, moi doado de preparar, é capaz de apagar unha candea e inflar globos.
[Cando remate a actividades, nesta páxina atoparás información sobre como se pode fabricar]
A Gaiola de Faraday
Unha forma sinxela de poñer en silencio o noso teléfono móbil: engaiolarlo nunha Gaiola de Faraday .
Táboas Máxicas
Axudados de táboas máxicas pódese adiviñar un número pensado.
[Poderás descargalas táboas nesta páxina cando remate a actividade]
Visualizando a radiación infravermella
Como usar o teléfono móbil para visualizar a radiación infravermella da que estamos rodeados.