Maxia? Non, Ciencia

Maxia? Non, Ciencia 2016
Maxia? Non, Ciencia 2016

Do 18 ao 22 de abril como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, realizarán a actividade “Maxia? Non, Ciencia” nos laboratorios de Física e Química do IESP Xosé Neira Vilas de Perillo.

A actividade está dirixida ao alumnado de ESO, que en sesións de 50 minutos repartidas ao longo da semana pasarán polos laboratorios de física e química.

En cada unha das sesións realizaranse un conxunto de actividades de física, química e matemática recreativa nas que amosarase que a física, a química e as matemáticas son sorprendentes e divertidas.

Unha vez que remate a actividade, poderás atopar nesta mesma páxina material complementario.

A continuación podes ver unha relación das actividades deste ano.

 

Análise á chama

O alumnado participante fará o análise dun conxunto de sustancias empregando esta técnica de análise que permítenos coñecer a composición de estrelas que distan de nos millóns de anos-luz.
[Máis información]

Obxectos de ancho constante

¿Qué teñen en común unha moeda de 20 peniques do Reino Unido e unha tapa de alcantarilla da cidade de San Francisco? Estudiaranse as sorprendentes propiedades destas dúas figuras e outros obxectos de ancho constante.
[Máis información]

Programa telépata

Un divertido programa de ordenador é capaz de ler a mente dos participantes.

[O programa poderase descargar nesta páxina cando remate a actividade]

Fluído invisíbel

Un misterioso fluído invisíbel, moi doado de preparar, é capaz de apagar unha candea e inflar globos.

[Cando remate a actividades, nesta páxina atoparás información sobre como se pode fabricar]

A Gaiola de Faraday

Unha forma sinxela de poñer en silencio o noso teléfono móbil: engaiolarlo nunha Gaiola de Faraday .

Táboas Máxicas

Axudados de táboas máxicas pódese adiviñar un número pensado.

[Poderás descargalas táboas nesta páxina cando remate a actividade]

Visualizando a radiación infravermella

Como usar o teléfono móbil para visualizar a radiación infravermella da que estamos rodeados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies